Xente Miúda

LUN 21 - VEN 25
De 10:00 a 13:30
Folgueira
75€ (50€ por irmán)

Unha semana de actividades para transmitirlle ás máis pequenas e pequenos o valor do medio ambiente e a importancia de coñecelo, coidalo e conservalo.

Xente Miúda do Castelo Conta é unha actividade do festival Castelo Conta, organizada pola Asociación Cultural Castelo Conta, con CIF G15750813.

A organización resérvase o dereito a realizar os cambios que considere oportunos para a mellora da actividade, antes ou durante a realización da mesma.

Coa inscrición concédese expresamente á Asociación Cultural Castelo Conta o permiso para empregar aquel material fotográfico e/ou audiovisual no que aparezan as e os participantes para a promoción e información do festival. Estes e outros documentos persoais pasarán a formar parte dunha base de datos de uso privado da Organización que se empregará, única e exclusivamente, para xestionar a actividade, dar a coñecer as actividades do festival Castelo Conta, a xeración de rexistros e recordos, ou calquera outro tipo de fin promocional.

A organización non se fai responsable da perda ou deterioro de roupa e obxectos persoais.
Os obxectos persoais esquecidos poderán ser recollidos a partir do 28 de agosto contactando coa organización no teléfono 689 882 972 ou no correo electrónico ola@casteloconta.gal.

As nais, pais, ou titoras/es legais deberán achegar á organización por escrito calquera tipo de información sanitaria que poida ser relevante para o desenvolvemento das actividades, entendendo no caso de que non o fagan que o/a participante se atopa en perfecto estado de saúde podendo intervir en todas as actividades programadas. A Asociación Cultural Castelo Conta queda, deste xeito, liberada de calquera responsabilidade derivada da omisión desta información. Autorízase expresamente aos responsables da actividade a que en caso de accidente ou calquera outra situación de emerxencia adopten as decisións que por urxencia ou imposibilidade de comunicación coas nais, pais ou titoras/es do/a menor sexan necesarias para garantir a súa integridade e seguridade, tales como traslados ao hospital, etc. Faise extensiva esta autorización ás decisións médico-cirúrxicas que fose necesario adoptar en caso de extrema urxencia, sempre baixo a dirección facultativa pertinente, renunciando expresamente a esixir responsabilidade algunha por lesións que puidesen orixinarse como consecuencia das actividades que se realicen nas actividades.

Non está permitida a asistencia de ningún/ha participante con enfermidades ou sintomatoloxías susceptibles de ser contaxiosas. A organización apela á responsabilidade das familias neste sentido. No caso de que a/o participante presente vómitos, diarreas, febres, catarros… solicitarase ao seu contacto de emerxencia que o recolla á maior brevidade.

Todas/os as/os participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade accidentes, xa incluído no prezo da inscrición. No caso de que o sinistro sobrepase a cobertura do seguro, os gastos correrán por conta da/o participante.

No caso dunha falta grave, mal comportamento continuado ou incumprimento consciente das normas das actividades a/o participante será amonestada/o, e se estas actitudes persisten, poderá ser expulsada/o da actividade. Se ademais se producira algún destrozo material nas actividades ou nalgún ben material serán as nais, pais ou titoras/es da/o participante que os ocasione quen se fará cargo, debendo abonar os gastos ocasionados.

Ao remate de cada xornada só poderán recoller ás cativas e cativos aquelas persoas indicadas sinaladas no momento da inscrición Para ampliar a autorización a persoas que non foran indicadas nun primeiro momento, será preciso que a nai, pai ou titor/a o indique por escrito á organización.

Para o caso da cancelación da participación antes do seu comezo, se esta cancelación se produce ata 15 días antes do inicio das actividades a organización fará un reembolso do 50% do importe da praza. Con menos de 15 días de antelación non se realizarán ningún reembolso.
As solicitudes de cancelación realizaranse por escrito no correo electrónico xentemiuda@casteloconta.gal.

No caso de que non se cubra o número mínimo de participantes necesarios para a realización da actividade a organización poderá cancelala sen custo algún para as e os inscritos.

A inscrición e participación na actividade Xente Miúda implica a aceptación destas condicións.

En cumprimento da lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a organización informa de que como consecuencia do rexistro de datos de carácter persoal, coa inscrición acéptase que os datos achegados sexan obxecto de tratamento nun ficheiro de carácter individual. Os datos así rexistrados poderán ser empregados para a administración dos programas e actividades. Os participantes poderán exercitar en todo momento os seus dereitos de rectificación, cancelación e oposición, nos termos recolleitos na lexislación de Protección de Datos, contactando por correo electrónico con ola@casteloconta.gal.

75

Ganas de pasalo ben é requisito para a Xente Miúda do Castelo Conta. A programación para as cativas e cativos chega nesta edición repleta de novidades. Dende a posibilidade de deseñar a mascota da Xente Miúda ata obradoiros para crear papel reciclado, pasando por actividades xa imprescindibles do programa como a andaina polo Monte Xalo ou a xornada de autocultivo. Destaca nesta edición da Xente Miúda un obradoiro musical, no cal prepararán un concerto final para sorprender ás súas familias e á veciñanza de Castelo.

A todo isto súmanse outras iniciativas como talleres de debuxo, unha busca do tesouro en Folgueira ou a estrea da serie Bechos… sen esquecer os petiscos e media mañá da man con Deleite e o gran xantar dos miúdos como broche final.

A Xente Miúda é o espazo reservado para a cativada no Castelo Conta. Durante unha semana, poderán gozar dunha gran variedade de actividades, ao mesmo tempo que aprenden sobre o coidado da natureza, a importancia da oralidade e a conservación do patrimonio material e inmaterial.

  • LUGAR: Polideportiva de Castelo (Culleredo)
  • IDADES: 5 a 12 anos
  • HORARIO: Do luns 21 ao venres 25 de agosto, de 10.00 a 13.30 horas
  • SERVIZOS: Almorzo todas as mañás, presenza dun monitor por cada cinco nenos/as.
  • PREZO: 75 euros por un neno, 50 euros por irmán (prezo para toda a semana).
  • MÁIS INFORMACIÓN: Por e-mail en ola@casteloconta.gal, ou por Whatsapp: 689882972.
X