A Gramola Gominola

VEN 25 AGO
14.30
Campo da Capela (Folgueira)
De balde

A Xente Miúda do Castelo Conta remata por todo o alto cun concerto de Rock&Roll en galego con A Gramola Gominola.

Paco Cerdeira (máis coñecido como Pakolas) e Paula Romero (De Vacas), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Lacón con Grelos) forman A Gramola Gominola. E aínda que por separado teñen os seus propios proxectos, xuntos comparten un mesmo obxectivo: conseguir que nenos e nenas gocen dun “auténtico Rock&Roll en galego”.

Dende o 2015 poñen ao público “en pé cos cornos en man”, para que bailen, canten e salten con eles, sempre na lingua propia. O seu labor fíxoos merecedores do Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil.

Noticias relacionadas

Castelo nunca defrauda

Rematou a mellor semana do ano. Chegamos ao domingo logo de compartir con preto de 10.000 persoas un festival único no mundo.

Ler máis
X