Espectáculos

Coñece os artistas, espectáculos e actividades cos que poderás desfrutar nesta edición do Castelo Conta. Deseñamos unha programción para todas as idades.

Corentena
Xosé A. Touriñán e David Perdomo levan aos escenarios as suas conversas en tempos de confinamento.
Contos de Castelo
Os Contos de Castelo son o lugar onde recuperar a memoria oral da parroquia. Nesta edición convértense nun pódcast para escoitar cando e onde se queira.
Celso Sanmartín
Se os contos unen ás persoas, Sanmartín teno claro. Celso chega a Castelo para convidar ao público a conectar coa tradición oral e as historias populares.
A Gramola Gominola
A Xente Miúda do Castelo Conta remata por todo o alto cun concerto de Rock&Roll en galego con A Gramola Gominola.
Xente Miúda
Unha semana de actividades para transmitirlle ás máis pequenas e pequenos o valor do medio ambiente e a importancia de coñecelo, coidalo e conservalo.
X