A Familia Caamagno chega a Castelo para poñer a bailar a todo o mundo.
“Mesturando o garage, o blues, a empanada de pulpo, os spaghetti bolognesa, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal, a extorsión con swing”. Así se definen a eles mesmos Familia Caamagno, o grupo composto por Toni, Lano, Francesco, Jess e Manuele que naceu no 2010. Dende entón fan bailar, ‘aíndan que non queiran’, a todas as persoas que acoden aos seus concertos.
Humor, política, ironía e crítica están presentes nos seus temas, cancións cheas de ritmo e diversión que sorprenden por vir dun grupo de amigos sempre traxado. Cun directo moi contundente e animado, os de Sigüeiro veñen dispostos a festexar o Castelo Conta por todo o alto.