Susana Seivane

MAR 22 AGO
21.00
Os Petoutos (Vilaverde)
De balde

Susana Seivane traerá a Castelo as raíces galegas cun aire de modernidade

Susana Seivane naceu coa música no berce, e dende entón a música e ela son unha soa. Sobre os escenarios, demostra o seu talento cunha gaita na man. Pero quen a coñece dende pequena sabe que non se lle resiste ningún instrumento: vieiras, tambores, piano, frauta… Sen esquecer os dous grandes acompañantes da música: o baile a o canto.

A artista colle o relevo dunha familia de gaiteiros e artesáns de gaitas, con coñecidos nomes como o de Álvaro Seivane, o pai, e Xosé Manuel Seivane, o avó. Deles herdou o seu amor polo mundo da gaita, unha paixón que lle permitiu atravesar fronteiras e cruzar océanos.

Cun espectáculo no que a música tradicional galega é a protagonista, Seivane chega ao Castelo Conta traendo a frescura do seu estilo e reafirmando que é unha das grandes gaiteiras da nosa terra.

Noticias relacionadas

Castelo nunca defrauda

Rematou a mellor semana do ano. Chegamos ao domingo logo de compartir con preto de 10.000 persoas un festival único no mundo.

Ler máis
X