Os protagonistas de ‘Nena’ presentan a curta no Castelo Conta.
Xosé A. Touriñán estréase como director e guionista con Nena. A curtametraxe estréase en Castelo, nunha proxección que contará coa presenza do reparto.
Carlos Blanco, David Perdomo e Touriñán protagonizan este filme, xunto a Antía Touriñán. Rodada en Mondoñedo, ‘Nena’ fálanos das responsabilidades emocional e de como ter que cargar con situacións que non corresponden por idade. Unha emotiva historia que está viaxando por festivais de toda Europa.