Contos de Castelo

LUN 21 - VEN 25
17:00 - 19:30
Castelo de Abaixo, Vilaverde, Xalo, Folgueira
De balde

Os Contos de Castelo son o lugar onde recuperar a memoria oral da parroquia. Nesta edición convértense nun pódcast para escoitar cando e onde se queira.

As tardes son o momento idóneo para botar a lingua a pacer. Lendas, anécdotas, mitos, historias… todo ten cabida nos Contos de Castelo. Nestas xuntanzas poñemos en valor a oralidade como mecanismo de conservación da memoria.

Nesta nova edición, os Contos de Castelo queren chegar máis alá e por iso se convertirán nun programa feito para escoitar onde e cando se queira. Moncho Viña, Alfonso Hermida, Marga Pazos, David Amor, Carlos Blanco, Arturo Lezcano e Nacho Carretero guiarán estas conversas radiofónicas coa veciñanza e os convidados do Castelo Conta.

As distintas aldeas de Castelo serán un estudio de radio no que recuperar vivencias, contos, historias e, así, coñecer un pouco mellor a historia do lugar e as persoas que o manteñen vivo.

  • Luns 21
    Eira de López (Castelo de Abaixo)
  • Martes 22
    Os Petoutos (Vilaverde)
  • Mércores 23
    Eira do Ferrador (Xalo)
  • Xoves 24
    Campo da Capela (Folgueira)
  • Venres 25
    Campo da Capela (Folgueira)

Noticias relacionadas

Castelo nunca defrauda

Rematou a mellor semana do ano. Chegamos ao domingo logo de compartir con preto de 10.000 persoas un festival único no mundo.

Ler máis
X