Unha longa xornada de festa con actividades para todos os públicos.
A venda de tíckets online para o sábado está pechada. Aínda podes vir ao Xantar e á Cea e mercar o tícket alí.
Unha longa xornada de festa con actividades para todos os públicos.
A venda de tíckets online para o sábado está pechada. Aínda podes vir ao Xantar e á Cea e mercar o tícket alí.
O sábado 26 non haberá escusa para pasalo ben. O Castelo Conta ofrece unha completa programación para asegurar un día enteiro de festa.
Un xantar popular, amenizado por DJ Mínimo, será a primeira cita da xornada, para coller forzas para o resto do día. Pola tarde, gaiteiros e charanga acompañarán a andaina ao Monte Xalo, rematando o percorrido no Petón, cunha merenda e a actuación de Abraham Cupeiro. O artista invitará a viaxar no tempo e no espazo a través da súa música e os seus instrumentos ancestrais.
A cea espera no campo da festa e, posteriormente, a polideportiva acollerá a tradicional noite de monólogos conducida por Xosé A. Touriñán. Os convidados nesta ocasión son Pepo Suevos, Rober Bodegas, David Amor, Lucía Veiga, Marita Martínez, Javier Veiga, Noemi Rodríguez, Patricia Castrillón, Federico Pérez e David Perdomo. Miguel Lamas Quartet serán os encargados de abrir a noite.
A festa non remata aí, Salamandra continuará a noite coas súa música e DJ Mínimo collerá o relevo para continuar a festa.
Rematou a mellor semana do ano. Chegamos ao domingo logo de compartir con preto de 10.000 persoas un festival único no mundo.
A noite dos monólogos congregou máis de 1.800 persoas na Polideportiva de Castelo nun día moi festeiro.