Xabier Díaz

LUN 21 AGO
21:00
Eira de López (Castelo de Abaixo)
De balde

A tradición será a protagonista da man dun dos grandes referente da música galega

Con máis de 30 anos dedicándose á música tradicional galega a través de diferentes proxectos, Xabier Díaz consagrouse como un dos grandes referentes da música en Galicia.

Aínda que non se introduciu no mundo da música tradicional ata a súa etapa universitaria, dende entón non se desligou dela, non só dende a composición, mais tamén dende a investigación e compilación. Do que escoita das aldeas, crea os seus propios temas cheos de frescura.

Na súa traxectoria, destaca por formar parte do grupo Berrogüento ou do proxecto aCadaCanto, así como polas súas colaboración con artistas como Xosé Manuel Budiño, Amancio Prada, Luar na lubre, Guadi Galego ou as Adufeiras de Salitre.

Agora, chega a Castelo para ofrecer un concerto en acústico na noite do luns.

Noticias relacionadas

Castelo nunca defrauda

Rematou a mellor semana do ano. Chegamos ao domingo logo de compartir con preto de 10.000 persoas un festival único no mundo.

Ler máis
X