Celso Sanmartín

MAR 22 AGO
20:00
Os Petoutos (Vilaverde)
De balde

Se os contos unen ás persoas, Sanmartín teno claro. Celso chega a Castelo para convidar ao público a conectar coa tradición oral e as historias populares.

Celso Sanmartín medrou na súa aldea rodeado de conversas nas que, despois de comentar a meteoroloxía, primaban os recordos e vivencias de quen as contaban.

Celsiño, como tamén lle chaman, di que a súa vida sempre lle pareceu “bastante aburrida e intrascendente se a compara coa de quen me rodean, que ma contaban, que ma contaron, que ma contan”. E é a través dos contos como o poeta e contacontos de Lalín tamén fai da vida de quen o escoita unha vida menos aburrida.

A súa labor pola preservación e difusión da tradición oral galega fíxoo merecedor do Premio Rebulir da Cultura Galega no 2022, o que demostra a través da súa obra poética, pero tamén con espectáculos como Contar ou Contos Dakí.

Noticias relacionadas

X