Belem Tajes

MÉR 23 AGO
21:30
Eira de Ferrador (Xalo)
De balde

Unha viaxe polo mundo musical da man de Belem Tajes.

Os ritmos latinos e galegos, o rock e o folk, o castelán e a lingua de Rosalía. Todo se mestura de maneira harmónica na música de Belem Tajes. Filla de pais emigrantes, naceu en Bos Aires e creceu en Camariñas, lugares que a viron medrar e achegarse á tradición.

Pero antes de botarse a camiñar soa e comezar proxectos propios no mundo da música, colaborou con grupos e artistas como Xosé Lois Romero, Aliboria ou Sister in the House, destacando a súa etapa como vocalista de Luar na Lubre. Agora, formou a banda Vudú e compón temas propios, mesturando a música tradicional con ritmos do máis variados, que van dende o jazz e o soul ata a música irlandensa.

O mércores estará en Xalo logo da presentación de ‘Nena’, da que é autora da banda sonora.

Noticias relacionadas

Castelo nunca defrauda

Rematou a mellor semana do ano. Chegamos ao domingo logo de compartir con preto de 10.000 persoas un festival único no mundo.

Ler máis
X