En Castelo sabemos o importante que é respectar o medio natural, vivimos nun lugar marabilloso e queremos que siga sendo así. É por iso que no Castelo Conta traballamos por ser un festival máis sostible e respectuoso coa natureza cada ano. Así, eliminamos os plásticos dun só uso e potenciamos a reciclaxe de todos aqueles elementos que poidan ter un novo ciclo e tamén reaproveitamos materiais de edicións anteriores, dándolles unha nova vida na presente edición.
Durante o festival, haberá puntos sinalizados onde depositar o refugallo e os materiais reciclables, empregaremos vasos e pratos de cartón para os xantares e minimizaremos os envases non retornables. O coidado e respecto da natureza tamén é parte importante do contido das actividades da Xente Miúda, nas que aprenderán a reutilizar materiais para debuxar, crear xogos ou tamén coñecerán sobre as especies autóctonas do Xalo.
E é que en Castelo rimos, cantamos, bailamos e pasámolo ben, pero tamén #coidamosdomonte!