Combo Viramundo, Muchachito e Lamatumbá, xuntos na noite do venres

A música será a protagonista da noite do venres cun concerto da man de Combo Viramundo, Muchachito One Boy Band e Lamatumbá. O día 25, a partir das 22.00 horas, a Polideportiva de Castelo acollerá un espectáculo no que o baile está asegurado. 

Combo Viramundo traerá ao Castelo os seus ritmos latinos. O grupo, formado por Xoel López, Fernando Lamas, David Quinzán e Adrián Seijas; versiona artistas que van dende Juan Luis Guerra a Mecano ou The Smiths. Combo Viramundo é un grupo que comezou sendo un proxecto entre amigos e que agora esgota as entradas nas salas nas que toca.

Muchachito, como se lle coñece a Jairo Perera, vén a Castelo directo dende Cataluña para ofrecer as súas rumbas máis populares. É coñecido polo seu éxito co grupo Muchachito Bombo Infierno e ten colaborado con artistas como Kiko Veneno, Los Delinqüentes ou Fito & Fitipaldis. Agora actúa en solitario baixo o nome de Muchachito One Man Band. 

E no seu regreso aos escenarios, Lamatumbá tamén pasará por Castelo. Tras un parón dos espectáculos en directo, o grupo volve coas forzas renovadas para facer bailar a todos os asistentes. Cumbia, folk, ska, pasodobres… todo ten cabida na proposta do grupo ourensá, que chega á polideportiva para facer bailar a todos os asistentes. 

As entradas para este concerto, que terá lugar o venres 25 ás 22.00 horas, teñen un prezo de 20€ e poden adquirirse a través da web. De maneira presencial, poden mercarse nas oficinas de Ainé (A Coruña), en Q! Impresión (O Burgo) e no Centro Social de Castelo, en Folgueira.

X