A nova edición do festival xa está en marcha. Como todos os anos, a maioría dos espectáculos e actividades son de libre acceso, para aquelas que é necesario mercar unha entrada tes a posibilidade de facelo desde esta web ou nos puntos de venda físicos. Como novidade, este ano só se venderán a través da plataforma Ataquilla as entradas para Corentena, o concerto do Combo Viramundo, Muchachito One Man Band e Lamatumbá e para a Noite de Monólogos do sábado. O resto de entradas e tickets para o Día Grande (Xantar, Andaina e Cea), mercaranse directamente nesta web, indicando a cantidade de tickets e cubrindo os datos dos asistentes á andaina.
As inscricións para a Xente Miúda e para Fai o Teu, o obradoiro impartido por Noemi Rodríguez, tamén se realizan directamente desde a web.
Tamén é posible mercar as túas entradas para Corentena, o concerto do Combo Viramundo, Muchachito One Man Band e Lamatumbá e para a Noite de Monólogos nos puntos de venda física:
- En Castelo, as entradas e convites estarán dispoñibles no Centro Social de Castelo, en Folgueira. Está aberto os venres a partir das 16.00 horas e os sábados e domingos a partir das 12.00 horas.
- No Burgo podedes conseguilas en Q! Impresión, en horario de luns a venres de 10.00 a 17.00 horas.
- Se estades pola Coruña, as entradas e convites están á venda en Ainé, en horario de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas. Este é o único punto de venda no que poderedes pagar as entradas con tarxeta.