Falar e convivir no Castelo Conta con Celso Sanmartín

Para Celso Sanmartín os contos son vida. El mesmo di que “non contar sería tanto como non convivir, e polo tanto, en positivo, contar é convivir“. E con esta filosofía, o contador de Lalín chega a Castelo para compartir as súas historias cos veciños e con todo aquel que se achegue ao festival.

Celso Sanmartín, ou Celsiño, como tamén lle chaman, ten escoitado moitos contos. Historias que lle contaban e contan os máis maiores. Naceu, medrou e viviu rodeado de contos, e dese escoitar fixo a súa profesión: agora é el o que narra. Defínese así mesmo como colleitador, pero non só da súa horta, se non tamén das historias da vida.

A palabra é a maior ferramenta de Celso Sanmartín. Con ela transmite historias que pertenceron a outras persoas. A tradición oral será a protagonista da tarde do martes. O espectáculo, de libre acceso, terá lugar o 22 de agosto nos Petoutos (Vilaverde) a partir das 20.00 horas.

X