Das ideas ao escenario co obradoiro ‘Fai o teu’

Baixo o título Fai o teu, a actriz e directora Noemi Rodríguez ofrecerá un curso pensado para poñer en práctica ferramentas de composición escénica e dramatúrxica. Os participantes poderán exteriorizar, compartir e desenvolver as súas ideas para saber como poñelas en escena. 

Trátase dunha formación que ten como obxectivo explorar a creatividade e os mundos imaxinativos de cada quen, botando man da intuición artística e conectado co creador que cada un leva dentro. Por iso, fomentarase a busca de emocións como inspiración. Os participantes desenvolverán “pezas breves que darán luz e forma aos nosos soños creativos e que nos servirán de pequenas fogueiras dun lume maior: o do noso universo creativo e afán creador”, como explica a directora.

Obxectivos do curso ‘Fai o teu’:

  • Revitalizar o noso desexo creador.
  • Posta en práctica de ferramentas de composición escénica e dramatúrxica nunha peza propia.
  • Exploración de técnicas interpretativas e creativas que non están arraigadas ao texto.
  • Exploración do universo e da poética escénica de cada un dos participantes.
  • Observación e posta en relación tanto dos distintos materiais creativos, así como de todo aquilo que opera na posta en escena: ritmo, emoción, forma, palabra e movemento.
  • Que o alumno sexa capaz de vincular o seu traballo co seu contexto, a través da observación precisa do entorno.
  • Desenvolver a capacidade de xogo, imaxinación e intuición artística. 

O curso desenvolverase dende o luns 21 ata o venres 25, de 9.30 a 13.30, en Tabeaio. Está dirixido a profesionais do mundo do teatro e persoas interesadas na creación escénica. As inscripción ao para o obradoiro, que ten un prezo de 240€, poden facerse a través da web

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Carral.

X