Xabier Díaz di ‘Logo cantas, logo bailas / logo te-lo pé lixeiro, / logo me fas arrimar-e, / as miñas mans ó pandeiro’. Coa man no pandeiro e todo o seu talento, o artista ofrecerá un espectáculo no que as raíces estarán moi presentes.
O coruñés demostrará que é un dos referentes da música tradicional en Galicia, despois de 30 anos dedicándose a ela. As súas colaboracións con artistas e grupos como Xosé Manuel Budiño, Amancio Prada ou Luar na Lubre dan mostra diso.
Xabier Díaz levou a súa música (a nosa, a de todos os galegos e galegas) por países como México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Noruega… Unha gran cantidade de lugares que coñeceron a cultura galega da man dun dos seus referentes. E Castelo tamén poderá, un ano máis, gozar do talento do artista e achegarse con el ás raíces da cultura musical.
O concerto, de balde, terá lugar o luns 21 ás 21.00h na Eira de López, en Castelo de Abaixo.