Faite coas túas entradas

Cada vez falta menos para volver desfrutar da música, a comedia, as conversas… a gran festa que é o Castelo Conta arrinca o 21 de agosto. Como todos os anos, a maior parte dos espectáculos e actividades son de libre acceso, pero para os concertos do Combo Viramundo (Xoel López, Fernando Lamas, Adrián Seijas, Luis Soler e Amanda Pinos), Muchachito One Man Band e Lamatumbá e Corentena é preciso sacar entradas. Tamén hai que anotarse e mercar tíckets para a Andaina, o xantar e a cea e a Noite de Monólogos do Día Grande.

Así mesmo, é preciso inscribirse para Fai o teu, o obradoiro de creación escénica que impartirá Noemi Rodríguez en Tabeaio. Para a Xente Miúda do Castelo Conta xa están esgotadas as prazas, e para a Noite de Monólogos están agotadas as entradas na web (quedan entradas dispoñibles nos puntos de venda físicos).

Para mercar as túas entradas e tíckets, podes facelo desde a web do festival ou nos puntos de venda físicos habituais:

  • En Castelo no Centro Social (aberto os venres desde as 16:00, e sábados e domingos desde as 12:00)
  • No Burgo en Q! Impresión (aberto de luns a venres de 10:00 a 17:00)
  • Na Coruña en Ainé (aberto de luns a venres de 08:00 a 14:30)

Se tes dúbidas, podes escribirnos ola@casteloconta.gal ou chamarnos ou mandarnos unha mensaxe de Whatsapp ao 689 882 972

X