Leva o Castelo Conta aló por onde vaias

Tes gana de estrear camisola? Fai frío e non trouxeches chaqueta? A tenda do Castelo Conta conta con varios modelos de camisola e suadoiros exclusivos desta edición. Este ano estreamos tamén as cuncas do Castelo Conta, feitas para durar e ideais para levar ao monte. Tamén podes adquirir camisolas, bolsas e libretas da edición do 2022 e así colaborar co festival.

Para poder organizar cada ano o Castelo Conta é precisa a axuda e colaboración da veciñanza, empresas e institucións e tamén do público, que mercando entradas e merchandising do festival fai posible que ano tras ano Castelo acolla un dos festivais máis singulares do país. O Castelo Conta non ten ánimo de lucro, polo que a implicación do público mercando entradas e o diferente material promocional que está a venda durante o festival, é indispensable para poder seguir mantendo esta gran semana de comedia, música e a tradición oral.

Podes mercar as entradas para os espectáculos e actividades que as requiren aquí ou na tenda física do Castelo Conta, onde tamén estarán á venda as camisolas, suadoiros, cuncas e bolsas desta edición ou sempre que queiras, na web.

Nesta edición estreamos tamén a Camisola Solidaria, un deseño exclusivo cuxo beneficio irá á ONGD Ecos do Sur, para contribuír aos seus proxectos de integración e desenvolvemento.

X