Unha gran programación para a Xente Miúda

A Xente Miúda do Castelo Conta é o espazo para que nenas e nenos desfruten e aprendan a facelo coidando e respectando o medio natural. Para esta edición, as prazas xa están esgotadas, pero hai máis actividades pensadas para a cativada para ás que non é preciso inscribirse.

As minas do rei Salomón. O luns 21, ás 20.00 h, a Eira de López acolle este espectáculo familiar de Teatro Ghazafelhos.

Estrea de Bechos. O venres poderemos ver en exclusiva un avance da nova serie de animación das Televisión de Galicia. Comezará ás 14.00 horas con sorpresas para os asistentes.

A Gramola Gominola. Pechamos a semana con rock en galego para toda a familia, o venres 25 ás 14.30 horas.

X