A cativada ten o seu espazo no Castelo Conta

A Xente Miúda é a programación pensada con e para as máis e os mais cativos do festival. Unha semana de actividades nas que coñecer máis sobre a natureza, os xogos tradicionais, o coidado do monte e as plantas… pero tamén no que aprender a pintar con pigmentos naturais, facer música, interpretar un espectáculo e, sobre todo, desfrutar cos demais nun entorno natural respectándoo e aproveitando todo o que nos ofrece.

Como vén sendo habitual, as prazas para a Xente Miúda xa están esgotadas, pero no Castelo Conta hai programación pensada para toda a familia para a que non é preciso anotarse.

O luns 21, As minas do rei Salomon, de Ghazafelhos, inaugura a programación teatral desta oitava edición. Será ás 20.00 horas na Eira de López (Castelo de Abaixo) e a entrada é libre.

O venres 25, é o día no que veremos o resultado dos espectáculos que argallaron durante toda a semana as e os participantes da Xente Miúda, será sobre as 13.00 horas en Folgueira. Logo, ás 14.00 horas, viviremos a estrea de Bechos, a nova serie de animación para primeiros espectadores da Televisión de Galicia. Haberá sorpresas e a continuación, como peche desta fantástica semana, teremos un xantar e un concerto de A Gramola Gominola.

Non perdades a oportunidade de descubrir coas miúdas e miúdos a festa que lle deu a volta á festa. Agradamos por vós!

X