O luns 21 arrinca a oitava edición do Castelo Conta, unha semana chea de actividades e espectáculos para todos os públicos. Se non queres perder nada, podes consultar a programación, na que están detallados todos os eventos, horarios e localizacións. Se é a primeira vez que vés a Castelo, non te preocupes, todos os lugares estarán sinalizados para que ninguén se perda nos camiños, tamén podes consultar o mapa.
Esta nova edición arrinca con novidades respecto a anos anteriores, os Contos de Castelo tranfórmanse nun podcast conducido por diferentes xornalistas e comunicadores, quedando a súa escoita disposición de todo o mundo. Marga Pazos, Moncho Viña, Alfonso Hermida, David Amor, Carlos Blanco, Arturo Lezcano e Nacho Carretero conversarán coas veciñas e veciñoos quen compartirán historias e vivencias nas tardes do Castelo Cont
Outra novidade é que a andaina do sábado 26 subirá ao Monte Xalo. Despois do xantar, os participantes percorrerán os camiños acompañados da música da charanga Mil9. Unha vez no cumio, Abraham Cupeiro ofrecerá un concerto cos seus instrumentos milenarios nunha contorna natural espectacular con toda a comarca á vista. Podes anotarte á andaina e mercar tíckets para o xantar e a cea aquí ou nos puntos de venda físicos do festival.
Nos puntos de venda tamén restan entradas para os espectáculos de pagamento. Se aínda non tes entradas para Corentena ou a Noite de monólogos, restan entradas dispoñibles en Ainé (A Coruña), Q! Impresión (O Burgo) e o Local Social de Castelo.
Tamén é preciso mercar entradas para os concertos da noite do venres. O Combo Viramundo con Xoel López, Fernando Lamas, Adrián Seijas, Luis Soler e Amanda Pinos, Muchachito en formato One Man Band e Lamatumbá estarán no escenario da Polideportiva a partir das 22.00 do venres 25. As entradas para o concerto están dispoñibles nos puntos de venda físicos e na web.
Se tes algunha dúbida podes escribirnos a ola@casteloconta.gal ou ao 689 882 972.